RESOLUCIÓNS ADOPTADAS

 

Día 7 de outubro

 

Situación segundo a Resolución do 7 de outubro

Area afectada pola prohibición de pesca

Area afectada pola prohibición de marisqueo

   

   Queda levantada a prohibición da actividade marisqueira na zona comprendida entre Cabo Fisterra e Punto dos Remedios.

 

   Asimesmo queda levantada a suspensión dos plans de explotación de recursos especificos  que se relacionan no anexo I da citada resolución.

 

   Dita Resolución entrará en vigor o vindeiro 8 de outubro.

   

(Documento PDF)

 

 


Día 9 de setembro

 

Situación segundo a Resolución do 9 de setembro

Area afectada pola prohibición de pesca

Area afectada pola prohibición de marisqueo

   

   Queda levantada a suspensión de determinados plans de explotación aprobados na Orde do 27 de decembro do 2002 na que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira.

 

   Segundo o recollido no anexo I da citada Resolución, queda levantada a suspensión dos plans de explotación de Percebe das Confrarías de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle, Camariñas e Muxía.

 

   Dita Resolución entrará en vigor o vindeiro 15 de setembro.

   

(Documento PDF)

 

 


Día 30 de xuño

 

Situación segundo a Resolución do 30 de xuño.

Area afectada pola prohibición de pesca

Area afectada pola prohibición de marisqueo

   

Queda levantada a prohibición do exercicio da actividade pesqueira con tódalas artes e aparellos autorizados, en tódalas augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

   Mantense a prohibición da actividade marisqueira no tramo de costa comprendido entre Cabo Fisterra e Punta dos Remedios.

 

   Segundo o recollido no apartado segundo da resolución do 8 de abril, quedou levantada a prohibición do exercicio da actividade de explotación dos recursos específicos, estando pendente a apertura de cada plan específico por resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños en función dos resultados das análises das mostras.

   

(Documento PDF)

 

 


Día 28 de maio

 

Situación segundo a Resolución do 28 de maio.

Area afectada pola prohibición de pesca

Area afectada pola prohibición de marisqueo

   

   Levántase a prohibición do exercicio da actividade pesqueira na modalidade de cerco nas seguintes zonas:

 

      -Entre o meridiano que pasa por Punta Langosteira e o meridiano de lonxitude 8º 43,400 W (Punta Razo).

 

      -Entre o paralelo que pasa por Punta Insua (Faro Lariño) e o paralelo de latitude 43º 03,200 N (Cabo Touriñana).

 

   Manténse a prohibición do exercicio da actividade pesqueira para o resto das artes na zona comprendida entre o meridiano que pasa por Punta Langosteira e o paralelo que pasa por Punta Insua (Faro Lariño).

 

   Non obstante o anterior, aquelas embarcacións que se adiquen a actividades pesqueiras na modalidade de cerco e que teñan o seu porto base na zona onde se mantén a prohibición, poderán exercer a actividade pesqueira nas zonas onde se levantou a prohibición.

 

(Documento PDF)

 

 


Día 29 de abril

 

Situación segundo a Resolución do 29 de abril.

Area afectada pola prohibición de pesca

Area afectada pola prohibición de marisqueo

   

   Levántase a prohibición do exercicio da actividade pesqueira con tódalas artes e aparellos autorizados, nas augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia abranguidas entre o meridiano que pasa por Punta Langosteira e o meridiano que pasa por Punta Candelaria.

 

   Levántase a prohibición do exercicio da actividade pesqueira na modalidade de cerco nas seguintes zonas:

 

      - Entre o meridiano que pasa por Punta Langosteira e o meridiano que pasa por Punta Candelaria.

 

      - Entre o paralelo que pasa por Punta Insua (Faro Lariño) e a desembocadura do río Miño.

 

   Manténse a prohibición do exercicio da actividade pesqueira con tódalas artes na zona comprendida entre o meridiano que pasa por Punta Langosteira e o paralelo que pasa por Punta Insua (Faro Lariño).

 

   Non obstante o anterior, aquelas embarcacións qu se adiquen a actividades pesqueira na modalidade de cerco e que teñan o seu porto base na zona onde se mantén a prohibición, poderán exercer a actividade pesqueira nas zonas onde se levantou a prohibición.

(Documento PDF)

 


Día 8 de abril

 

Situación segundo a Resolución do 8 de abril.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Levantase a partires do día 14 de abril, a prohibición da actividade pesqueira con tódalas artes e aparellos autorizados agás o cerco nas augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia entre o paralelo que pasa por Punta Insua (Faro Lariño) e a desembocadura do Rio Miño.

 

   Os miños e os rascos poderán ser calados a partires do día 13 de abril. 

 

   Levantase a prohibición de extracción de recursos específicos aprobada pola Orde do 27 de decembro do 2002, pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2003, estando pendente a apertura de cada plan especifico de que se dicte resolución expresa pola Dirección Xeral de Recursos Mariños en función dos resultados das analises das mostras. 

 

(Documento PDF)

 

 


Día 28 de marzo

 

Situación segundo a Resolución do 28 de marzo.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Levantase a partires do día 1 de abril, a prohibición da actividade marisqueira nas rías de Cedeira, Ferrol e A Coruña. 

 

   Nas zonas antes citadas, mantense a prohibición de extracción de recursos específicos aprobada pola Orde do 27 de decembro do 2002, pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2003. 

 

(Documento PDF)

 

 


Día 13 de marzo

 

Situación segundo a Resolución do 13 de marzo.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Levantase a partires do día 17 de marzo, a prohibición da actividade pesqueira nas rías de Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo por dentro do Anexo I e para as artes e oficios relacionados no Anexo A da Resolución. 

 

   Nas zonas antes citadas, levántase a prohibición da actividade de extracción de navalla / longueirón segundo se relaciona no Anexo B da Resolución. 

 

   Asimesmo levantase a prohibición da actividade pesqueira na zona comprendida entre Cabo Silleiro e a desembocadura do Rio Miño para tódalas artes e aparellos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

(Documento PDF)

 

Ver cartas náuticas coas zonas delimitadas no Anexo I.

 

 


Día 25 de febreiro

 

Situación segundo a Resolución do 25 de febreiro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Levantase a prohibición da actividade pesqueira en distintas zonas afectadas polo accidente do buque Prestige

 

   Permitese a actividade pesqueira nas rías de Vigo, Pontevedra, Arousa e Muros-Noia para aquelas artes e embarcacións que sexan autorizadas por resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

 

(Documento PDF)

 

Ver cartas náuticas coas zonas delimitadas no Anexo II.

 

 


Dia 30 de xaneiro

 

Situación segundo a Resolución do 30 de xaneiro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Levantase a prohibición da actividade marisqueira en distintas zonas afectadas polo accidente do buque Prestige. 

 

   A extracción de recursos está regulada polo Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2003, aprobado pola Orde do 27 de decembro do 2002

 

(Documento PDF)

 

 


Dia 11 de decembro

 

Situación segundo a Resolución do 11 de decembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Prohibese a extracción de moluscos bivalvos cultivados en viveiros flotantes no polígono "B" do distrito marítimo de Corme, ubicado na ría de Corme-Laxe, na provincia da Coruña. 

 

(Documento PDF)

 

 


Dia 4 de decembro

 

Situación segundo a Resolución do 4 de decembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Refúndese nunha soa as anteriores resolucións de datas 16, 18, 20, 21, 22 e 24 de novembro e 1 e 2 de decembro de 2002.

 

   Amplíase a prohibición para a actividade marisqueira dende o meridiano que pasa pola punta Seixo Blanco ata a desembocadura do río Miño.

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade pesqueira dende o meridiano que pasa por Punta Candelaria (Cedeira) ata a desembocadura do río Miño.

(Documento PDF)

 


Dia 2 de decembro

 

Situación segundo a Resolución do 2 de decembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Ampliase a prohibición para a actividade marisqueira establecida nas resolucións do 22 de novembro e 1 de decembro de 2002.

 

   Queda prohibida a extracción de percebe contida no plan de explotación, para as Confrarías de Aguiño e Ribeira.

 

(Documento PDF)

 


Dia 1 de decembro

 

Situación segundo a Resolución do 1 de decembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade marisqueira nas Rías de Ferrol e Cedeira

 

   Queda prohibida a extracción de percebe contida no plan de explotación, para as Confrarías de Ferrol e Cedeira.

 

(Documento PDF)

 


Dia 24 de novembro

 

Situación segundo a Resolución do 24 de novembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade pesqueira dende o meridiano que pasa por Punta Candelaria (Cedeira) ata o paralelo Punta Falcoeiro (Aguiño - Ribeira), e que teñan porto base na zona prohibida ou no porto de Ribeira.

 

   Non obstante, aquela embarcación que teña o seu porto base na zona prohibida, e pretenda faenar noutra zona autorizada, poderá exercer-la sua actividade e faenar de conformidade coa normativa vixente.

 

(Documento PDF)

 


Dia 22 de novembro

 

Situación segundo a Resolución do 22 de novembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade pesqueira dende Cabo Prioriño Grande (Ferrol) ata o paralelo Punta Falcoeiro (Aguiño - Ribeira), e que teñan porto base na zona prohibida ou no porto de Ribeira.

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade marisqueira desde Punta Seixo Blanco ata o paralelo de Punta Carreiro (Montelouro - Muros).

   

   Queda prohibida a extracción de percebe contida no plan de explotación, para a Confraría de Porto do Son.

 

   Non obstante, aquela embarcación que teña o seu porto base na zona prohibida, e pretenda faenar noutra zona autorizada, poderá exercer-la sua actividade e faenar de conformidade coa normativa vixente.

 

(Documento PDF)

 


Dia 21 de novembro

 

Situación segundo a resolución do 21 de novembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade pesqueira dende Cabo Prioriño ata Ribeira.

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade marisqueira desde Punta Seixo Blanco ata Monte Louro.

 

(Documento PDF)

 


Dia 20 de novembro

 

Situación segundo a Resolución do 20 de novembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade pesqueira á flota censada nas modalidades de palangre, volantas e rasco que teña o seu porto base na zona prohibida.

 

(Documento PDF)

 


Dia 18 de novembro

 

Situación segundo a Resolución do 18 de novembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Ampliase a prohibición desde Cabo Fisterra a Cabo Prioriño (Ferrol) para actividade pesqueira.

 

   Ampliase a prohibición para exercer a actividade pesqueira á flota censada na modalidade de cerco que teña o seu porto base na zona prohibida.

 

(Documento PDF)

 


Dia 16 de novembro

 

Situación segundo a Resolución do 16 de novembro.

Area afectada pola prohibición de pesca Area afectada pola prohibición de marisqueo

 

   Prohibese toda actividade pesqueira e marisqueira na zona comprendida entre Cabo Fisterra e Punta Seixo Blanco (Concello de Oleiros).

 

   Vense afectadas por esta resolución, a flota censada na modalidade de artes menores con porto base na zona prohibida.

 

(Documento PDF)