NOVIDADES

   Nesta páxina iremos dando conta das novidades e inclusións feitas neste sitio WEB, aparte da actualización da situación das manchas, que se seguirá a facer do xeito habitual.

 

18/11/2003: Incluense novos resultados analíticos sobre organismos ata a data 27 de outubro do 2003.

 

15/10/2003: Novos resultados analíticos en organismos ata a data do 3 de outubro do 2003.

 

08/10/2003: Resolución pola que se levanta a prohibición da actividade marisqueira no tramo de costa comprendida entre Cabo Fisterra e Punta dos Remedios.

(Ver documento PDF)

 

11/09/2003: Resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños pola que se levanta a suspensión de determinados plans de explotación.

 

21/08/2003: Novos resultados analíticos en organismos ata a data de 8 de agosto do 2003.

 

30/06/2003: Nova Resolución pola que se levanta a prohibición da actividade pesqueira con tódalas artes e aparellos autorizados en tódalas augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia. Mantense a prohibición da actividade marisqueira no tramo de costa comprendido entre Cabo Fisterra e Punta dos Remedios. 

(Ver documento PDF)

 

30/06/2003: Orde do 27 de xuño pola que derrogase a do 29 de novembro pola que limitábase a actividade pesqueira para determinadas modalidades en certas zonas do Caladoiro Nacional do Cantábrico e Noroeste.

(Ver documento PDF)

 

21/06/2003: Real Decreto do 20 de xuño do 2003 sobre actuacións para o abono de indemnizacións en relación cos danos ocasionados poño accidente do buque Prestige (Ver documento PDF)

 

28/05/2003: Nova Resolución pola que se levanta a prohibición da actividade pesqueira na modalidade de cerco nas zonas comprendidas entre Punta Langosteira e Punta Razo, así como entre Punta Insua (Faro Lariño) e Cabo Touriñana. (Ver documento PDF)

 

29/04/2003: Nova Resolución pola que se levanta a prohibición da actividade pesqueira dende Punta Langosteira ata Punta Candelaria para tódalas artes e aparellos autorizados. Levántase a prohibición da actividade pesqueira na modalidade de cerco dende Punta Insua (Faro Lariño) ata a desembocadura do Rio Miño.

(Ver documento PDF)

 

08/04/2003: Nova Resolución pola que se levanta a prohibición da actividade pesqueira dende Punta Insua (Faro Lariño) ata a desembocadura do Rio Miño para tódalas artes e aparellos autorizados agás o cerco.

(Ver documento PDF)

 

03/04/2003: Orde do 27 de marzo do 2003 pola que se determinan as zonas que deixan de percibi-las indemnizacións establecidas na Orde do 30 de decembro do 2002 pola que se establecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallitas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se subministren integramente nas lonxas pechadas por decisión administrativa debido ás verteduras do Prestige. 

(Ver documento PDF)

 

02/04/2003: Situación das axudas ós armadores polo accidente do buque Prestige. Comunicado da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.(Ver documento PDF)

 

31/03/2003: Nova Resolución na que se levanta a prohibición da actividade marisqueira nas Rías de Cedeira, Ferrol e A Coruña.

 

17/03/2003: Engadese a Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que limita a actividade pesqueira en zonas do Caladeiro Nacional do Cantábrico e Noroeste.

 

14/03/2003: Engádese nova información períodica: Informe de Medios ( Actual e Histórico )

 

14/03/2003: Resolución pola que se levanta a prohibición da actividade pesqueira en zonas da Rías Baixas a partires do 17 de marzo.

 

12/03/2003: Informe sobre a orixe do fuel.

 

10/03/2003: Circular sobre o alcance da Orde do 24 de febreiro do 2003, pola que se establecen medidas especificas para compensar determinados danos producidos nos barcos de pesca e auxiliares de acuicultura como consecuencia do fuel do Prestige. 

 

27/02/2003: Cambiase a estructura da páxina de Resolucións adoptadas. Agora mostra unha evolución gráfica das diversas resolucións tomadas pola Consellería de Pesca e Asuntos Maritomos.

 

25/02/2003: Resolución do 30 de xaneiro do 2003 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se Levantase a prohibición da actividade marisqueira en distintas zonas afectadas polo accidente do buque Prestige. (Ver documento PDF) 

 

25/02/2003: Resultados da prospección de fondos mediante miños. A prospección de fondos nas Rias Baixas dase por rematada.

 

21/02/2003: Incluense novos resultados analíticos sobre organismos a data 20 de febreiro do 2003.

 

12/02/2003: Integranse os resultados das prospeccións de fondos e os controles analíticos sobre os organismos á data de 31 de xaneiro do 2003; actualizarase cos ultimos datos dispoñibles e completarase a información nos próximos días.

 

05/02/2003: Novas imaxes do operativo de limpeza que a Junta de Castilla y León empregou en Carnota, e do operativo de mergullo do Plan de Avaliación dos Recursos en Aldán.

 

05/03/2003: Orden do 30 de xaneiro pola que se establecen novas medidas transitorias para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

 

04/02/2003: Engadese nova lexislación autonómica e estatal.

 

30/01/2003: Resolución do 30 de xaneiro do 2003 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se Levantase a prohibición da actividade marisqueira en distintas zonas afectadas polo accidente do buque Prestige. (Ver documento PDF) 

 

07/01/2003: Orde do 3 de xaneiro do 2003 da Consellería de Presidencia, pola que se declara de interese galego a Fundación Arao (Ver documento PDF) e se ordea a sua inscripción no Rexistro de Fundacións. Esta Funcdación foi declarada como mixta na Orde do 2 de Xaneiro do 2003 (Ver documento PDF)

 

05/01/2003: A partir do día doxe, os mapas da situación do vertido serán elaborados conxuntamente por SASEMAR e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, procedéndose, como consecuencia, a utilizar un novo formato de mapa. 

 

05/01/2003: Novo enlace a páxina do Ministerio de Medio Ambiente con completa información sobre os traballos de limpeza das costas.

 

Orde do 30 de decembro do 2002 pola que se establecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallitas e vendedores ambulantes de peixe e mariscos que se subministren integramente en lonxas pechadas por decisións administrativas debido os vertidos do Prestige.

 

Comunicado do Ilmo. Sr. Conselleiro de Pesca e Asunto Marítimos ós afectados polo sinistro do buque Prestige que estean interesados en faenar en augas marroquis.

 

Orde do 23 de decembro, pola que se establecen medidas para compensar determinados gastos producidos como consecuencia do accidente do buque Prestige. (Ver documento PDF)

 

Engadiuse á data de 20 de decembro, nova lexislación aplicable.

 

Póliza de Seguro colectivo de accidentes no mar, contratada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

 

Resolución  da Consellería de Medio Ambiente do 10 de decembro de 2002 pola que se prohíbe a pesca nas zonas de desembocadura afectadas polos vertidos procedentes do buque Prestige.

 

Novo servidor de mapas do CESGA (centro de Supercomputación de Galicia). Este servidor xera mapas sobre as manchas a partir da información dispoñible e permite ampliar zonas concretas asi como seleccionar outros detalles do mapa.

 

Prohibición da extracción de moluscos bivalvos cultivados en viveiros flotantes no polígono "B" do distrito marítimo de Corme, ubicado na ría de Corme-Laxe, na provincia da Coruña. (Resolucións)

 

Orden del 28 de Febrero del 2001 por la que se aprueba el Plan Nacional de Contingencias por Contaminación Marina Accidental.  (Normativa Vixente)

 

Web con información útil e recomendacións.