TELÉFONO DO VOLUNTARIADO

   A partir do día 28 de decembro funciona o teléfono do voluntariado como porta unica de entrada para a asignación dos grupos ou personas voluntarias que veñen a limpar as praias galegas afectadas polo vertido do Prestige.

 

   O número de teléfono é o 900 400 800, está dotado con 16 liñas que funcionan ininterrompidamente dende as 9h. ata as 22h. e está instalado nas dependencias da Consellería de Asuntos Sociais.

  

   Para adifusión deste teléfono púxose en marcha unha campaña informativa nos medios de comunicación coa finalidade de dalo a coñecer a toda a poboación.

 

   Nestes dias estase procedendo ó traslado de funcións por parte da Dirección Xeral de Costas á Consellería de Asuntos Sociais, que dende o vindeiro día 2 asume a xestión na sua totalidade.